SOLIDARIEDADE

Trescentas persoas na andaina contra o cancro en Vimianzo

Percorreron un itinerario de sete quilómetros por Cereixo e Carnés

A camiñada incluíu visitas guiadas a puntos emblemáticos do municipio

Participantes na andaina debaixo do carballo de Cereixo

Participantes na andaina debaixo do carballo de Cereixo / Concello de Vimianzo

J. M. Ramos

A choiva non foi impedimento para que preto de 300 persoas se sumaran a andaina contra o cancro polas rúas de Vimianzo este sábado. Percorreron un itinerario de sete quilómetros, que incluíu visitas guiadas a algúns puntos emblemáticos do municipio, como o carballo e a igrexa de Cereixo, o castiñeiro do Cura, Rosalía de Castro, a Fagía de Carnés, o mural de San Cristovo, o muíño das Mareas e o paseo fluvial.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, dirixíndose aos participantes

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, dirixíndose aos participantes / C. Vimianzo

No acto participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e concelleiros locais, así como o técnico municipal de Deportes, Víctor Santos.