PORTAS ABERTAS

Achegados, colaboradores e voluntarios desfrutan do Día das Familias no centro de recursos de Ambar en Ribeira

Houbo exhibicións de taekwondo, boxeo e tamén de bailes

Participantes no Día das Familias no centro de recursos de Ambar

Participantes no Día das Familias no centro de recursos de Ambar / Ambar

J. M. Ramos

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrou o Día das Familias no seu centro de recursos de Ribeira. As familias, amigos, colaboradores e persoas voluntarias puideron coñecer como é o día a día das persoas usuarias, que se encargaron de amosar o que fan en cada un dos obradoiros.

Xornada de portas abertas no centro de recursos de Ambar en Ribeira

Xornada de portas abertas no centro de recursos de Ambar en Ribeira / Ambar

Durante a xornada desfrutaron das exhibicións dos grupos de taekwondo e boxeo, dun obradoiro de baile a cargo de Taller Alecrín, unha competición de merengue e pasodoble e unha exhibición de Linedance e Baile Social. A celebración rematou con palabras de agradecemento da directora de Ambar, Milagros Rey.