DISTINCIÓN

Noia entrega a Medalla de Ouro do Concello ao remeiro olímpico Caetano Horta Pombo

A Corporación local acordou, por unanimidade, recoñecer a súa traxectoria deportiva

Acadou o diploma olímpico en Tokio e agora aspira a medalla en París

Acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Noia a Caetano Horta

Acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Noia a Caetano Horta / C. Noia

J. M. Ramos

O Teatro Coliseo Noela acolleu o acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Noia ao remeiro olímpico Caetano Horta Pombo. Unha distinción que lle foi outorgada pola Corporación municipal, de xeito unánime, en recoñecemento á súa brillante traxectoria deportiva.

Horta, con só 18 anos, conseguíu diploma nos Xogos Olímpicos de Tokio e agora aspira a lograr unha medalla en París o vindeiro mes de agosto. O alcalde, Santiago Freire, ademais de poñer en valor os seu logros deportivos, definiu ao remeiro como unha "ilustre figura" da vila noiesa.

O homenaxeado agradeceu o recoñecemento do Concello e o apoio que lle brindan os patrocinadores, ademais da familia e os amigos.

Caetano Horta amosando a medalla que lle entregou o alcalde, Santiago Freire

Caetano Horta amosando a medalla que lle entregou o alcalde, Santiago Freire / Concello de Noia

No acto participaron representantes políticos de varios concellos da comarca, así comode diversos colectivos de Noia e tamén das forzas e corpos de Seguridade.