MOBILIDADE

Novas sendas peonís en Cabana de Bergantiños e Zas

A Deputación da Coruña inviste preto de 1 millón de euros nos novos itinerarios

O presidente provincial, Valentín González, supervisou as obras e visitou as Torres do Allo

José Muíño, esquerda, e Valentín González supervisando as obras en Zas

José Muíño, esquerda, e Valentín González supervisando as obras en Zas / D. Coruña

J. M. Ramos

A Deputación da Coruña segue avanzando tamén na mellora da seguridade peonil coa construción de dúas novas sendas en estradas de Cabana de Bergantiños e Zas, que suman un investimento de preto de 1 millón de euros. O presidente, Valentín González, acompañado do alcalde, José Muíño, e da deputada de Vías de Obras, Mónica Rodríguez, supervisou o inicio das obras do itinerario da estrada DP 1406 de Neaño ao Allo por Cesullas, en Cabana.

Mónica Rodríguez, segunda, Valentín González e José Muíño, en Cabana

Mónica Rodríguez, segunda, Valentín González e José Muíño, en Cabana / D. Coruña

As obras, cun investimento de 773.498 euros e un prazo de execución de oito meses, consisten na construción dunha senda de dous metros de ancho pola marxe dereita da calzada entre os puntos quilométricos 0+680 e 1+900 (1,2 quilómetros), así como unha ampliación da plataforma da estrada para conseguir dous carrís de 3,5 metros e beiravías de medio metro. Inclúe tamén a construción de muros de escollera para contención nalgúns tramos e a renovación completa da rede de drenaxe, mellorando as súas características nos meses de choiva.

Despois, Formoso e Rodríguez desprazáronse ata Zas, onde acompañados do alcalde, Manuel Muíño, supervisaron o resultado das obras da senda peonil na estrada provincial DP 4001 de Baio a Laxe, que conecta o núcleo de Fornelos coa estrada AC-400. A zona, que conta con numerosas vivendas ao longo da estrada, carecía ata agora de beirarrúas ou sendas en varios tramos, o cal supoña un risco para a seguridade viaria. Con esta obra, que supuxo un investimento de 177.393 euros, ponse ao dispor da veciñanza un itinerario peonil seguro de 600 metros de lonxitude, ademais da renovación dos pavimentos e a preinstalación soterrada da rede de alumeado público, o que mellorará tamén a estética da zona evitando o tendido aéreo.

José Muíño e Valentín Gonzalez nas Torres do Allo, en Zas

José Muíño e Valentín Gonzalez nas Torres do Allo, en Zas / D. Coruña

Formoso visitou tamén en Zas as Torres do Allo, onde a Deputación inviste algo máis de 30.000 euros en traballos limpeza e pintado das fachadas norte, sur e oeste; a reparación de varios elementos pétreos e a limpeza da cuberta do edificio.