Día de Galicia

Fría e colorida: Galicia, a verdadeira dama das Camelias

A pranta é coñecida como “flor de Galicia” Por que?

As camelias galegas

As camelias galegas / Noe Parga

Especial Día de Galicia

Clima húmedo, temperaturas suaves e terra fértil e ácida: as condicións idóneas para o cultivo destas fermosas flores converten a Galicia na dama das Camelias.

Ainda que son moitos os que afirman que poderían ter sido introducidas polos mariñeiros galegos e portugueses moito antes (xa no século XVI), a idea máis extendida e que as súas sementes, que brotan na tamén coñecida como “flor de inverno”, chegaron a Galicia a finais do século XVII, procedentes de Asia (especialmente China e Xapón) co obxectivo de decorar os pazos e as casas señoriais da burguesía galega, xa que as súas cores vivas relucían nos fríos invernos (a época na que podemos atopalas en todo o seu esplendor).

Pero, pouco a pouco, grazas a súa perfecta adaptación ao terreo e á súa humidade, chegaron a dominar xardíns e fincas, domicilios privados e edificios públicos por toda a nosa xeografía, facendo que a comunidade se erixise coma referente internacional no cultivo e produción de camelias. Non en vano na actualidade atesoramos case oito mil variedades diferentes.

Dende a camelia simple (de cinco a oito pétalos) ata as fermosas peonías (con forma de globo e mestura de pétalos irregulares), fixérsonse un oco nos roteiros galegos, que crean recorridos especiais nos que visitar as principais plantacións desta flor.

Entre as máis antigas atopamos as do Paseo da Ferradura, en Compostela, onde máis de sesenta exemplares de camelia xapónica levan máis dun século contemplando a Catedral en primeira fila. Tamén levan esta distinción as do Pazo Quiñones de León en Vigo, que conta coa coñecida como “Matusalén das camelias”, xa que leva vivindo no Pazo dende 1860.

Dende o século XVIII medraron os camelios do Pazo de Oca, na Estrada, ata elevarse oito metros sobre os seus xardíns, aínda que o máis alto do mundo está no Pazo de Lourizán, en Pontevedra, escalando ata os vinte metros e medio.

O Pazo de Mariñán, en Bergondo, engade ao seu estilo barroco toda unha carreira de camelias que, esta vez, miran a saída do mar. Se continuamos coas curiosidades desta planta, unha das cousas que máis a diferenzan doutras variedades de flores é que carece de aroma - se acaso, a camelia xapónica arrecende un pouco, que pode ser comestible e que se utiliza para facer tés e produtos de beleza.

A camelia, a dama de Galicia.