LETRAS GALEGAS

Boiro súmase ás celebracións coa XIII Romaría das Letras

Presentación do programa da Romaría a comezos de maio

Presentación do programa da Romaría a comezos de maio / C. DE BOIRO

B.C.

O Concello de Boiro, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia, celebra hoxe, 17 de maio, a esperada XIII Romaría das Letras, un evento cultural que terá como escenario principal o idílico Pazo de Goiáns.

Nesta edición, a Romaría das Letras contará coa participación de recoñecidos artistas e grupos, entre os que destacan AdaNegra, Suse Geto, Sonagasallo, Palilleiras Revolteir@as, Che Tembra, Pedra de Aroña, o Grupo de Baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Abeloura, Alana trío, Os Melidaos, DJ Misa, o Grupo de teatro Airiños de Rianxo, Marta Ríos, Xulio Gutiérrez Roger, Editorial Cuadranta, Edicións Xerais, Editorial Ministerio de Cultura e Deporte, Libraría NOBEL de Boiro e Libraría LER da Pobra do Caramiñal.

A xornada principia ás 11:30h coa apertura do recinto e a acollida dos participantes no Barbanza, para logo dar paso a unha variada programación que inclúe a apertura da feira artesanal e literaria, sesións de fotocol con traxes tradicionais, cortesía da asociación Xilbarbeira, unha exposición dedicada á autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2024, e un taller de ourivería a cargo de Susi Gesto, entre outras actividades.

Os asistentes tamén poderán gozar dun fascinante roteiro botánico pola leira do Pazo de Goiáns, dirixido por Xulio Gutiérrez Roger, e dun emotivo concerto a cargo de ALANA trío no interior do pazo.

A xornada continuará cun xantar popular, onde os presentes poderán degustar delicias como a pulpeira, seguido da apertura institucional e presentacións literarias no interior do pazo. Entre as presentacións destacan a de “Carmen e a serea mariña”, de Ana Rial (Editorial Cuadranta), “Iribarne”, de Ester F. Carrodeguas (Edicións Positivas), e “Alma de violino”, das autoras Beatriz Maceda, Eli Ríos e a ilustradora Laura Suárez (Edicións Xerais).

O día concluirá cun concerto de Os Melidaos no interior do Pazo, seguido do peche da XIII Romaría das Letras no Barbanza ás 22:00h. Unha xornada dedicada á cultura e a literatura galegas que promete ser inesquecible para todos os asistentes.

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024