LETRAS GALEGAS

Certame de debuxos e relatos de Val do Dubra polo Día das Letras

As gañadoras recibirán vales para libros en galego

Debuxo gañador na categoría de 3 a  6 anos

Debuxo gañador na categoría de 3 a 6 anos / CONCELLO DE VAL DO DUBRA

B.C.

O talento e a creatividade dos participantes no Certame de Debuxos e Relatos ou Poemas, convocado polo Concello de Val do Dubra en conmemoración do Día das Letras Galegas, amosaron unha profunda conexión coa lingua e a cultura galegas.

Ariana Fernández Rey destacou na categoría de debuxos, abarcando idades de 3 a 6 anos, cunha conmovedora imaxe de Luísa Villalta, autora homenaxeada nestas Letras Galegas 2024. As súas témperas capturaron a esencia da escritora de maneira sorprendente.

Marta Baña Lorenzo sobresaíu na categoría de relatos ou poemas de 7 a 13 anos, cun relato que reivindica a figura de Rosalía de Castro e subliña a importancia de escribir na lingua propia, manténdose fiel a un mesmo.

Na categoría de relatos de 14 a 17 anos, o poema de María Gigirey Otero reflexiona sobre o paso do tempo, atopando nos versos un refuxio para a súa mente inqueda.

E nos relatos de adultos, María Elena Gómez Gómez acadou o primeiro posto cun relato que profundiza na identidade galega e a súa conexión coa terra, as tradicións e, por suposto, a lingua propia.

Os traballos galardoados están dispoñibles na páxina web do Concello de Val do Dubra na sección de novas.

Como recoñecemento ao seu talento, as gañadoras recibiron vales para libros en galego que poderán trocar na Libraría Ler da localidade, fomentando así a lectura na nosa lingua.

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024