ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Unha obra multidisciplinar

Luísa Villalta é moi recoñecida como poeta, pero tamén foi narradora, dramaturga, ensaísta e tradutora » Repaso á obra completa da polifacética autora

Libros da escritora Luísa Villalta

Libros da escritora Luísa Villalta / EL CORREO GALLEGO

B.C.

Alén de extraordinaria poeta, Luísa Villalta foi unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga e violinista.

Os seus poemarios Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004), que se recollen en Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023), que a converteron nunha das voces máis importantes da literatura galega do noso tempo, así como Papagaio (2006), con fotografías de Maribel Longueira sobre o derrubamento do barrio da prostitución da súa Cidade Alta coruñesa.

No campo dramático destacan: Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991), As certezas de Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra (2011). Como narradora publicou Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001).

En canto ao ensaio, Villalta deu ao prelo O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas artes na historia da literatura galega (1999), reeditado por Galaxia en 2020, e Libro das colunas (2005), reeditado en 2024, con limiar de Xosé Enrique Acuña.

Tamén en Galaxia está publicada a súa Narrativa reunida (Galaxia, 2024); e En concreto (2024), nunha edición especial con limiar da poeta, ensaísta e cantante Estíbaliz Espinosa e fotografía de Xurxo Lobato.

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024

SUPLEMENTO ESPECIAL EN PDF DAS LETRAS GALEGAS 2024