O Estadio Universitario de Santiago prepárase para o Campionato Xunta de Galicia de Clubs ao Aire Libre

Gimnástica Pontevedra e Celta Atletismo son favoritos nas dúas categorías, uníndose o Ría Ferrol á loita polo ouro na feminina

Participantes no campionato distribuídos por categorías

Participantes no campionato distribuídos por categorías / Valentín Álvarez

Esta fin de semana, o Estadio Universitario de Santiago recobrará novamente toda a súa capacidade para acoller unha das competicións máis importantes e dinámicas do calendario de probas atléticas, o Campionato Xunta de Galicia de Clubs en Aire Libre.

A esta cita do sábado (que comezará a partir das 10.30 horas) acudirán os catro primeiros equipos clasificados do ano pasado. Ademais, a participación dos catro restantes que conformarán o evento determinarase por estadillo de marcas. Á cabeza de todos eles parte a Gimnástica de Pontevedra, que aspira a reeditar o triunfo logrado en ambas categorías (masculina e feminina) na pasada edición.

Acompañarán aos deportistas pontevedreses, na categoría masculina, as formacións do Celta Atletismo, Atletismo Santiago, Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural, Atletismo Sada, Ourense Atletismo e por último, Marineda Atlético. Polo outro lado, na categoría feminina, serán os clubs de Ría Ferrol, Atletismo Femenino Celta, Atletismo Santiago, Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, Ourense Atletismo e ADAS CUPA quenes disputen coas gimnásticas o ansiado título. En definitiva, a maioría de equipos participes fárano en ambas catagorías: Gimnástica Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Ourense Atletismo, Atletismo Santiago, Atletismo Sada e Celta Atletismo; sumándose dous máis só á feminina (Ría Ferrol e ADAS Cupa) e outros dous só á masculina (Atletismo Narón e Marineda Atletismo).

Este campionato prodúcese logo do debut dos equipos galegos que tomaron parte na primeira xornada de Liga, tanto na División de Honra coma na Primeira División, polo que servirá, ademáis de para decidir ao campión de Galicia, como un importante test de cara aos dous vitais encontros que restan de campionato.

Os equipos máis laureados.

En ambas categorías haberá equipos que cheguen ás instalacións da Universidade de Santiago de Compostela co papel de favoritos neste campionato. Na categoría feminina, o equipo da División de Honra do Ría Ferrol é o conxunto que máis trofeos galegos acredita no seu palmarés, cun total de catorce títulos, malia que desde o ano 2019 (e contando con que no 2020 non se disputou pola chegada da pandemia) foron as viguesas do Celta no 2021, e as pontevedresas da Gimnástica no 2022, quenes lograban sendos triunfos neste campionato. Serán precisamente estes clubs, xunto as ferroláns, quenes manteñan unha interesantísima loita polo título de 2023, e cuxo enfrontamento máis recente foi precisamente na Liga do pasado fin de semana. Neste, o cadro vigués conseguiu impoñerse sobre o pontevedrés.

Pola súa contra, na categoría masculina é o Real Club Celta quen posúe un maior número de títulos, en concreto trece, sendo o último festexado polo cadro celeste o desenvolto o do ano 2018. O seu gran rival será novamente o equipo de División de Honra da Gimnástica de Pontevedra, que vén de ser domiñador nas tres últimas e dicións.

En canto aos equipos que poderían estar no podio, o Atletismo Santiago na categoría masculina é o que máis opcións ten aparentemente. Pola contra, a categoría femenina semella estar moito máis pechada, xa que a priori a loita estará centrada entre tres equipos: Celta, Gimnástica e Ría Ferrol.