Hóckey

O HC Santo Domingo celebra as súas vodas de ouro con un encontro amigable e un xantar

O segundo club máis antigo de Galicia cumple 50 anos, tras ser fundado por un grupo de rapaces de Padrón que quixeron federarse

Dende a esquerda e dende arriba, A. Solar, Cadillo, J. Carlos, Núñez, Javier, Marcos, Nogueira; Masito, Revillas, Garea cos seus sobriños, Nel, Míguez e José María

Dende a esquerda e dende arriba, A. Solar, Cadillo, J. Carlos, Núñez, Javier, Marcos, Nogueira; Masito, Revillas, Garea cos seus sobriños, Nel, Míguez e José María / Concello de Padrón

O Hóckey Club Santo Domingo de Padrón poñeralle a guinda á celebración do seu 50 aniversario este sábado 16 de decembro cun partido amigable no que participarán antigos xogadores e que servirá como aperitivo para un xantar de confraternidade. O encontro, que enfrontará un equipo de vellas glorias con outro do resto do mundo, xogarase no campo da Baiuca en Pazos a partir das 11.00 horas. A comida terá lugar deseguido no Hotel Scala ás 14.00 horas.

A cita servirá, sen dúbida, para desfrutar de reencontros e facer memoria con anécdotas e vivencias da traxectoria do club, fundado oficialmente en novembro de 1973 logo de que un grupo de mozos padroneses comezasen a practicar o hóckey nunha nave do serradoiro Tato e que a eles se sumasen outros xogadores que entraron en contacto con este deporte ao iniciar os seus estudos universitarios en Santiago.

O primeiro partido que xogou o HC Santo Domingo foi ante a SD Compostela na residencia. No primeiro choque da historia da entidade caerían derrotados por 4 a 0, pero ese partido reforzaría a ilusión dun club que chegaría a xogar por toda a península, incluso contra equipos de Portugal. Aquel primeiro equipo estaba integrado por Solar, Tato, Cadillo, Garea, Tito Martínez, Jesús Fráiz, Quintela, Masito, Totono, Piñeiro e Pepín Bentrón. Ademáis, o primeiro presidente do clube foi o propio Fráiz, que por aquel entonces estaba a estudar a carreira de medicina.

Tras eses comezos, un tanto rudimentarios e no que os xogadores empregaban sticks de madeira feitos por eles mesmos, chegaría unha certa ‘profesionalización’ co permiso dos dominicos do Carme para empregar as súas instalacións para adestrar e a adquisición de paus oficiais, levando á afiliación á Federación Galega de Hóckey para empezar a competir a nivel provincial.

Foron chave para o crecemento do club dous xogadores que viñeron a universidade e que foron a entrenanr a Padrón, Juan Rodríguez e Carlos Manglano. Outros dous importantes nomes que quedan na memoria da entidade son as dos seus dous primeiros xogadores foráneos, Medina (dúas tempadas) e Cristín (cinco tempadas).

A partir do quinto ano trala súa fundación, o Santo Domingo comezou a gañar campeonatos galegos, tivo equipo xuvenil, chegou a formar outro conxunto sénior e tamén equipo feminino. O éxito do club chegou a tal punto que tamén se atreveu a extender a súa actividade ao hóckey sala. Tamén se sucederon directivas e presidentes como José Ángel González, Pepe Míguez, Óscar Mozas ou Miguéns.

Todo iso permitiu que o Santo Domingo, o segundo club de hóckey fundado en Galicia, se fixera un oco na elite nacional e que hoxe estea plenamente asentado no deporte padronés grazas en boa medida ás súas categorías base.

Agora, como xa se fixo no 40 aniversario do HC Santo Domingo, o club quere celebrar o seu 50 aniversario ofrecendo un partido cas súas lendas no campo para rememorar os vellos tempos e desfrutar do que en 1973 era a ilusión naqueles rapaces de Padrón que se extendeu ata a actualidade.