O Fontiñas celebra a súa maioría de idade cun álbum de cromos
O club quere repasar a súa traxectoria en imaxes
Estarán presentes Moncho Férnandez e Álvaro Muñoz, do Obra

Imaxe de familia dos compoñentes do ADB Fontiñas / ADB Fontiñas

A Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas anunciou a presentación do seu álbum de cromos que narra a apaixoante historia do club nos últimos 18 anos, con presencia das e dos deportistas actuais e unha pequena sección coas fotos do Campus de Verán que en 2024 fará a súa terceira edición.
A presentación contará coa visita ao club de Moncho Fernández e Álvaro Muñoz, adestrador e capitán do Monbus Obradoiro, e con toda a comunidade do ADB Fontiñas, que este ano conta con máis de 200 xogadores e xogadoras entre federados e nenos e nenas das escolas deportivas do Apóstolo Santiago, Vite e Monte dos Postes. O evento terá lugar este mércores, 20 de decembro, ás 19.45 horas no Pavillón Municipal Fontiñas.
No álbum haberá unha sección emocionante que percorre os 18 anos de historia do ADB Fontiñas, desde os seus humildes comezos en 2005 ata os éxitos máis recentes en competición e a súa dedicación á comunidade.
Ademais de cromos cos xogadores actuais, haberá unha galería visual que captura os momentos máxicos dos últimos campus de verán do ADB Fontiñas. Desde actividades lúdicas ata sesións de adestramento intensivas, as imaxes transmiten a enerxía e a camaradería que define os eventos do club.
O ADB Fontiñas convida a todos os membros da comunidade, familias e amantes do baloncesto a unirse á presentación do álbum. Este evento único ofrece a oportunidade de mergullarse no club e coñecer de primeira man os valores dunha entidade única e diferente, onde a integración é o primeiro e a competición ven despois.
Historia do club
Fundado en 2005 por pais e nais comprometidos, o ADB Fontiñas comezou cunha visión clara: construír un club de base no barrio das Fontiñas. A pesar dos inicios sen pavillón propio, o club medrou dos 4 equipos iniciais aos 15 actuais, destacando logros notables como dous ascensos sénior masculinos e o recente título de Campioas da Copa Premium Cadete Feminina en 2023. A historia do ADB Fontiñas tamén se estendeu internacionalmente, colaborando en 2021 co Palestine Youth Basketball Club en Beirut.
A través de 18 anos, o ADB Fontiñas destacou pola formación integral de deportistas e a promoción dos valores do baloncesto. Eventos como o torneo 3x3 e o campus de verán consolidan a súa oferta deportiva, demostrando un compromiso inquebrantable coa excelencia no deporte e na comunidade.
- Galicia afronta un nuevo episodio de calor extremo: la Xunta activa la alerta roja por temperaturas de hasta 38 grados
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- El coro compostelano que busca nuevas voces te espera en el IES de Sar
- Solo cinco grados de la USC en Santiago mantienen vacantes a las puertas del inicio de curso
- Así son los 1.012 docentes que se incorporan a las aulas gallegas: 32 años de media y destino en 194 municipios
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro