Teo acollerá en maio a Copa de España de Billar, incluído no Circuito Nacional Pool Bola   9

O torneo está organizado polo Club Billar Teo e a Federación Galega de Billar

Na presentación deste certame participaron a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o concelleiro de Deportes e Xuventude.

Na presentación deste certame participaron a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o concelleiro de Deportes e Xuventude. / CEDIDA

Teo acollerá na primeira fin de semana de maio a celebración da Copa de España de Billar, onde se levará a cabo a IV Proba en Categoría Júnior e a V Proba en Categoría Absoluta. Na presentación do certame participaron a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez.

O torneo está organizado polo Club Billar Teo e a Federación Galega de Billar, baixo os auspicios da Real Federación Española de Billar. Celebrarase no Hotel Los Tilos.

Poderán participar neste certame, incluído dentro do Circuito Nacional de Pool Bola 9, todos os xogadores españois e estranxeiros -cun ano mínimo de residencia no país- e que teñan licenza federativa en vigor. No caso da proba en categoría júnior, os participantes non poderán ter cumpridos os 19 anos durante a tempada deportiva en curso (do 1 de setembro ao 31 de agosto). Os interesados teñen ata o vindeiro 19 de abril ás 12.00 horas para inscribirse no torneo.