ELECCIONES MUNICIPALES 28M

Belén Angueira

Belén Angueira, candidata de Podemos á alcaldía de Padrón

Belén Angueira, candidata de Podemos á alcaldía de Padrón / Podemos

ECG

Candidata de Podemos á alcaldía de Padrón

Muller traballadora e resolutiva, con enerxía e unha mentalidade práctica para xestionar. Afeita a crear proxectos e a facelos posibles dende que marchou para Londres con 18 anos.

Estudou Filoloxía inglesa. Con 25 anos recala en Edimburgo e nas Terras Altas escocesas ata a súa volta a Galicia no ano 1997 para montar unha academia de inglés en Compostela e criar o seu fillo aquí.

Como directora e xerente do Saint James Institute en Santiago de Compostela conta con sobrada experiencia profesional como profesora e dinamizadora no sector do ensino en inglés. En 2015 regresa a Padrón para coidar dos seus pais e establécese nese concello. Defensora do transporte público, emprega o tren todos os días para ir a traballar.

Sempre contou cun perfil activista, dende as folgas estudiantiles de finais dos 80 ata o movemento do 15M, pero é con Podemos onde atopa o seu fogar político. A súa militancia activa comeza na pandemia e coa desesperación de ter marchado dun Padrón con 11 mil habitantes para voltar a un concello con apenas oito mil.