A socialista María Manteiga promete impulsar a economía de Cruces a través da Zona Franca

María Manteiga, terceira pola equerda, cos empresarios / psoe

María Manteiga, terceira pola equerda, cos empresarios / psoe / redacciÓn

Redacción

María Manteiga, candidata socialista á alcaldía de Vila de Cruces, e o secretario xeral e delegado do Goberno, David Regades, mantiveron onte un encontro con empresarios da zona, a quenes explicaron que queren impulsar a economía local a través da Zona Franca de Vigo.

Manteiga e Regades puxeron a disposición dos empresarios de Cruces todas as ferramentas que a institución estatal ten para impulsar ás empresas locais. Foi durante un almorzo cuha decena de empresarios, no que expuxeron todos os beneficios que pode supoñer para as empresas locais a colaboración coa Zona Franca, unha institución que é quen de xestionar 520 millóns ó ano.

A candidata explicou que “esta é a primeira de moitas reunións e a primeira etapa dunha colaboración que lle vai reportar inmensos beneficios á zona”, para engadir que “o próximo paso será facer un polígono industrial en condicións co que atraer novas empresas ó municipio e axudar a medrar ás que xa temos”.

Manteiga finalizou afirmando que “un pobo non pode medrar nin xerar economía con polígonos como os que temos actualmente”.