XX edición dos Premios do COAG: los premiados

A premiada Rampa, de Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López

A premiada Rampa, de Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López / COAG

Redacción

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou hoxe a Gala da XX edición dos Premios do Colexio de Arquitectos –Premios COAG–, onde se concederon as distincións ás mellores obras arquitectónicas e urbanísticas de Galicia. O concorrido acto celebrouse na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo (Lugo) con douscentos cincuenta convidados.

RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA UNIFAMILIAR

Casa Tomada

Rúa Tomada-Navia. Parcela 10. Vigo

María Pilar González Ferro e Jordi Castro Andrade 

O xurado destaca a solución proposta nesta vivenda, cunha parcela de tamaño moi reducido e de forte pendente, situada nun entorno pouco amable, que con poucos elementos consegue un proxecto integrado na contorna e ao tempo protexida desta.

Intégrase, protexendo a intimidade ao repregarse cara ao interior en torno ao pequeno patio de entrada. Isto contrasta con algúns grandes ocos, que serven a zonas de día nas fachadas leste e oeste.

RESIDENCIAL DE NOVA PLANTA. VIVENDA COLECTIVA

Tres edificios para 125 vivendas, prazas de garaxe e rocho

Rúa Manuel Beiras 5. Santiago de Compostela

Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide 

O xurado valora a proposta que mellor resolve a tipoloxía residencial colectiva, aportando ademais un espazo público de calidade para as vivendas e para o resto da cidade.

OUTROS EDIFICIOS DE NOVA PLANTA

Biblioteca Municipal de Nigrán

Estrada pola Vía, nº 120, Vilameán. Nigrán

Lucas Gándara Álvarez e Juan Pons Herrera 

Pola resolución dun complicado cruce da cidade, cunha articulación urbana perfectamente conseguida.

OBRAS DE RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN

Rehabilitación de edificio para o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional

Rúa Ramón Abellas, 4. Ourense

Alexandra Estefanía Vázquez Müller, Roi Feijoo Rey e Santiago García Camacho 

Baixo criterios de sustentabilidade, o proxecto dá resposta á necesaria revitalización e reciclaxe dun edificio obsoleto e en desuso. Transformar sen necesidade de demoler. Rehabilitar sen necesidade de construír de novo borrando por completo o pasado.

OBRAS DE INTERIORISMO

Ferraxería

Rúa Costanilla Tapia, 42. Cambre

Ignacio Vicente Reigada Cordido e Susana Vázquez Pérez 

O xurado valora esta proposta que consegue realzar o espazo da ferraxería, preconcibido como un espazo caótico e desordenado, aparece como ordenado e atractivo. Esta identidade transmítese cara o exterior, mellorando o espazo urbano do que forma parte.

ARQUITECTURAS EFÉMERAS E DESEÑO

Exposición "Paisaxes incultas. A metamorfose do monte galego”

Torres Hejduk, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela

Cristina García Fontán

Pola súa reflexión sobre a transformación do monte galego, invita a entrar e desde alí a reflexionar sobre a desaparición do autóctono, metamorfoseado polas especies novas que invaden, modifican e ocultan o territorio.

PLANEAMENTO URBANÍSTICO

Proxecto piloto de "Rúa Azul": Rúa peonil e ciclable de conexión interurbana

Concellos de Moaña e Cangas (intervención supramunicipal)

Diego Germade Castelo e Martín Barreiro Cruz 

O xurado destaca o deseño dunha estratexia a escala territorial, que se materializa nun programa e nun proxecto piloto, que finalmente se constrúe como prototipo. Unha estratexia urbanística na que o arquitecto recupera o seu papel en todas as fases do proceso. Coida o preexistente, aceptando a paisaxe. É unha invitación a mellorar os espazos vertebrándoos.

DESEÑO DE ESPAZOS URBANOS, XARDINERÍA E PAISAXISMO

Ex aequo:

Rampa - chegada do Camiño Francés a Santiago

Rúa do Gozo. Santiago de Compostela

Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López

Unha escultura, un xesto poético que acompaña ao peregrino que entra en Santiago e pasa, sen darse conta, dun camiño rural a un tramo moito más urbano, antesala do obxectivo final, a catedral.

Acondicionamento dos espazos públicos da Explanada do Horizonte

Portecelo. O Rosal

María Fandiño Iglesias

O xurado valora o proxecto dun parque que recupera a sección da costa, e a redebuxa desde a propia linguaxe do lugar.

DIVULGACIÓN E INVESTIGACIÓN

Ex aequo:

Manual de construción para miniarquitectos

Nuria Prieto González 

O xurado valora como se achegan aos máis pequenos experiencias coas que van a explorar a arquitectura e os seus conceptos básicos. Explorando van apreciar a arquitectura, a entender como funciona, ou os porqués dalgúns deseños, ou como pensan as arquitectas e arquitectos cando deseñan.

VAD06, Veredes, arquitectura e divulgación As Precursoras

Silvia Blanco Agüeira 

O xurado destaca o importante traballo de investigación e divulgación realizado en todos os números, que remata polo de agora neste novo número de investigación sobre arquitectura e xénero. O labor didáctico, editorial e innovador da propia revista, tivo reflexo neste número tan especial. Destacando a proxección da revista realizada desde Lugo.

PROXECTO FIN DE CARREIRA

Faber | ludens. Vector lúdico-loxístico no borde litoral

Alejandro Vázquez Correa

O xurado valorou das tres propostas finalistas o esforzo por responder a programas complexos de maneira reflexiva, comprometida coa busca de solucións novidosas a  asuntos profesionais de máxima actualidade e gran repercusión social. O gañador respondeu de modo máis preciso e aproximado á realidade da profesión.