Unha nova fronte chega este sábado con aviso laranxa no litoral coruñés

A partir do mediodía entrarán as chuvias pola metade oeste que irán chegando a toda a Comunidade pola tarde

A costa coruñesa ten activado un aviso laranxa para este sábado, con ondas que superarán os 4 metros

A costa coruñesa ten activado un aviso laranxa para este sábado, con ondas que superarán os 4 metros / EP

Redacción

Unha nova fronte entrará por Galicia na segunda metade da xornada deste sábado. O día, segundo a previsión de Meteogalicia, comezará co ceo parcialmente cuberto.

Á primeira hora manteranse alturas de onda por riba dos 4 metros na costa. Xa a partir do mediodía entrarán as chuvias pola metade oeste, que avanzarán cara ao interior da comunidade pola tarde. As precipitacións irán acompañadas de vento do sudoeste con refachos de máis de 80 km/h no noroeste da Coruña, A Mariña, a montaña de Lugo e As Rías Baixas. Na Costa da Morte, onde hai activado un aviso laranxa, o vento no mar acadará forza 8.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, quedando as máximas sen cambios significativos.

Temperaturas extremas previstas este sábado nas sete cidades galegas:

Santiago 7° 13°

A Coruña 10° 16°  

Ferrol 9° 15°    

Lugo 5° 15°

Ourense 8° 18°  

Pontevedra 9° 15° 

Vigo   9° 16°