ESPECIAL CAMPAMENTOS DE VERÁN 2024

Campus Sar, o lugar onde xogar e facer deporte este verán

Haberá actividades ao aire libre, piscina e obradoiros temáticos

Piscina do campus do Multiusos do Sar

Piscina do campus do Multiusos do Sar / CEDIDA

Campus Sar é o plan perfecto para deste verán. Ideado para rapaces de entre 4 e 16 anos, este campamento comezará o 24 de xuño e continuará ata o inicio do curso escolar.

No Campus Sar haberá actividades ao aire libre, actividades deportivas e acuáticas, piscina, obradoiros temáticos, actividades en inglés, baile, xogos tradicionais e clases dirixidas.

Toda a programación levarase a cabo no Multiusos Fonte do Sar e na zona exterior dos arredores, pistas de pádel e tenis, salas de actividades e na piscina.

De luns a venres, as familias poden elixir entre diferentes posibilidades: o campamento é de 08.45 a 14.30 horas, pero tamén hai madrugadores a partir das oito. A ampliación da tarde é ata as 15.00 horas. A ampliación completa vai das 08.00 ás 15.00 horas. O obxectivo é favorecer a conciliacón familiar. O horario do comedor será de 14.30 a 16.00.

As familias dos nenos e nenas interesados en formar parte desta aventura teñen preferencia para formalizar a inscrición ata o 31 de maio no caso dos nenos/as que sexan abonados/as de MultiSan. O resto do público poderá facelo a partir do 1 de xuño. O formulario pódese descargar na páxina web do Multiusos. Logo hai que depositalo na recepción, do Multiusos ou de Santa Isabel.

SUPLEMENTO EN PDF ESPECIAL CAMPAMENTOS 2024

SUPLEMENTO EN PDF ESPECIAL CAMPAMENTOS 2024

SUPLEMENTO EN PDF ESPECIAL CAMPAMENTOS 2024