A Laracha concedeu 1.108 bonos de 30 euros para subvencionar compras no comercio local

Poderán empregarse para descontar por cada gasto de 20€ nas compras e consumos nos establecementos ou servizos adheridos

El alcalde de A Laracha (c.), presentando la campaña comercial

El alcalde de A Laracha (c.), presentando la campaña comercial / cedida

Redacción

A través da web www.eumerconalaracha.alaracha.gal xa pode consultarse a listaxe das 1.108 persoas beneficiarias dos bonos Eu merco na Laracha, un programa impulsado polo Concello para dinamizar e reactivar o comercio local subvencionando as compras dos cidadáns. As persoas beneficiarias deben agora recoller a súa chequeira por valor de trinta euros, que conterá tres bonos de dez euros. Cada un deles é independente e poderá empregarse para descontar por cada gasto de 20€ nas compras e consumos nos establecementos ou servizos adheridos, que tamén poden consultarse na web de Eu merco na Laracha.

As chequeiras estarán dispoñibles no edificio administrativo da Laracha entre o 1 e o 7 de xuño de 9.30 a 14.30 horas. O día 5 de xuño tamén se poderá facer o trámite en horario de tarde, de 16.30 a 19.00 horas. Hai que presentar DNI ou autorización da persoa representada.

O prazo para poder canxear os bonos nos establecementos e servizos adheridos a Eu merco na Laracha será do 5 ao 23 de xuño.