A reserva de praza na Escola de Música empeza o 5 de maio

Lacer Servicios logra o contrato de limpeza e conserxería en varias instalacións deportivas

Escola Minicipal de Música de Santiago

Escola Minicipal de Música de Santiago

ECG

A preinscripción para o alumnado de novo ingreso na Escola Municipal de Música para o curso 23-24 estará aberta entre o 5 e o 25 de maio. A Xunta de Goberno Local aprobou onte o procedemento.

“No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo público o 7 de xuño”, indica Raxoi nun comunicado. A partir do 8 de xuño, someteranse a exposición pública as listas provisionais de admitidos na primeira convocatoria; ao tempo que se abre un período de reclamacións de dez días naturais. A partir do 19 de xuño, faise pública a relación definitiva de alumando admitido, que deberá formalizar a matrícula do 22 ao 29 de xuño de 2023.

CONTRATACIÓN.

O Goberno Municipal acordou tamén na Xunta de Goberno adxudicar a prestación do Servizo de conserxería e limpeza en varias instalacións deportivas do Concello de Santiago de Compostela. A beneficiaria por dous anos será a empresa Lacer Servicios y Mantenimiento S.A, por un importe total 1.750.961,08 euros. Raxoi indica que é a “oferta máis vantaxosa das presentadas, xa que, entre outras melloras, comprométese a unha bolsa de 400 horas no servizo de conserxería e outra de 200 horas no de limpeza; e a instalar 10 illas ecolóxicas”.