A representación de “Safo”chega ao Auditorio de Galicia este sábado

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia / ECG

ECG

A representación de Safo de Focus chega este sábado 25 de febreiro ás 20.30 horas ao Auditorio de Galicia. Safo é un poema escénico, musical e visual que explora a figura da gran poeta de Lesbos. É unha autora venerada e respectada ata hoxe, que compuxo máis de dez mil versos, dos que tan só nos chegaron escasos poemas completos e versos soltos.

“A nosa proposta escénica percorre o universo sáfico a través do imaxinado, o proxectado, o especulado polos/as estudosos/as e artistas ao longo dos séculos, e reconstrúe a partir do que quedou o que puido ser e o que significa Safo nun canon maioritariamente masculino, que durante séculos tentou reinterpretar a súa figura segundo os valores e prexuízos de cada época”, di a compañía.