Recoñecemento

Un investigador da USC, premio á mellor tese de teledetección 2021

Álvaro Ordóñez, investigador colaborador do Citius

Álvaro Ordóñez, investigador colaborador do Citius / Andrés Ruiz

ECG

Álvaro Ordóñez, investigador colaborador do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (Citius) recibiu onte o premio á mellor tese de teledetección de 2021. Corresponde á sexta edición duns galardóns que concede o capítulo español do IEEE-GRSS (Sociedade de Xeociencia e Teledetección) do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers, asociación mundial de enxeñeiros adicada á normalización e o desenvolvemento en áreas técnicas).

A tese titulada Efficient Registration of Multi and Hyperspectral Remote Sensing Images on GPU e dirixida polos profesores da USC Dora Blanco, investigadora vinculada do CiTIUS, e Francisco Argüello, abordou durante os últimos anos o desenvolvemento de algoritmos eficientes para aliñar automaticamente imaxes multi e hiperespectrais de teledetección. “Sempre é gratificante que recoñezan o teu labor, e especialmente cando se trata dun premio á túa tese, xa que se trata dun traballo de investigación de varios anos”, mencionou Álvaro Ordóñez.