Marilar Aleixandre e Laura Fernández inauguran o ciclo EscriturAs
O Consello da Cultura Galega reflexiona cunha perspectiva feminista sobre cambios culturais

Cartel do programa / ECG

O Consello da Cultura Galega inaugura ás 18.00 horas desta tarde o ciclo EscriturAs, con Marilar Aleixandre e Laura Fernández, a través do que pretende reflexionar, desde unha perspectiva feminina e feminista, sobre os cambios experimentados nos discursos artísticos, xornalísticos e intelectuais durante os últimos anos.
Transgresoras e exitosas. De malas mulleres a señoras que non son Santa Claus é o título da sesión coa que o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) cita ás súas dúas primeiras convidadas para conversar arredor da posibilidade de lograr o éxito dende a disidencia. Inma López Silva modera e coordina esta actividade xunto con Rexina Rodríguez Vega. A cita é presencial, pero poderá seguirse en directo a través do web e as redes sociais da institución.
Marilar Alexandre, Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres, e Laura Fernández, crítica literaria e musical, xornalista e autora, entre outras, da novela La señora Potter no es exactamente Santa Claus (2021), conversarán sobre se o éxito se pode lograr dende a disidencia.
Ademais,reflexionarán arredor do concepto do éxito aplicado a un espazo tan esvaradío e volátil como é o campo literario.
A renovación estética, a diversificación dos discursos ou o anovamento dos pensares experimentados nos discursos artísticos, xornalísticos e intelectuais durante os últimos anos só se poden explicar desde a aceptación da responsabilidade das mulleres intelectuais no xiro discursivo. Con EscriturAs, o Consello da Cultura galega busca abrir un espazo de reflexión e crítica arredor destes cambios.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes