O XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC, unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas polas compañías de teatro universitario das contornas galega, estatal e europea, pecha hoxe as súas portas, no Salón Teatro, cunha actuación de Teatr’ubi. A compañía teatral da Universidade da Beira Interior en Portugal pecha esta noite (21.30 horas e a entrada é de balde previo paso pola billeteira) o festival con Tirava-te a dor e ficava com ela, unha peza dirixida e interpretada por Rui Pires con João Gomes, Maria Antónia Marques, Rafaela Schimitt, Rita de Andrade e Thais Teixeira no elenco de intérpretes. A partir de textos de Anaïs Nin, Carlos Drummond de Andrade, Fernando Pessoa, Heiner Müller, Slow J, técese un espectáculo de 40 minutos de duración que se representará en lingua portuguesa.
- Multimedia
- CLASIFICADOS
- Servicios
