Os estudos previos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible estarán rematados en Nadal
“O PMUS será unha peza fundamental do modelo de cidade da próxima década”, afirmou Bugallo

Xosé Sánchez Bugallo, onte, durante a rolda de prensa / CS

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta onte do inicio dos encontros participativos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que arrancaron este xoves no centro sociocultural de Santa Marta, con “éxito de participación”. A elaboración do PMUS “é un proceso moi complexo, pero que debe supor unha transformación e unha mellora moi substancial na calidade de vida da cidadanía”, salientou o rexedor compostelán, que engadiu que “será unha peza fundamental do modelo de cidade da próxima década”.
Este PMUS, cuxos estudos previos comezaron en novembro de 2022, non “xorde ex novo”, apuntou, antes de engadir que “está baseado no anterior PMUS de 2010, no pacto pola mobilidade e en toda unha serie de actuacións que levamos realizando como as incluídas no Smartiago e as relacionadas coa plataforma loxística de distribución de mercadorías”. Será ademais, sinalou, unha pata fundamental da elaboración da Axenda 2030.
Bugallo agradeceu a participación no I Foro da Mobilidade que encaixa na fase participativa do proxecto, que se desenvolve en dúas liñas: as enquisas á cidadanía, que xa se están a celebrar, e a participación directa, como esta xuntanza inicial que congregou máis de 150 persoas no centro sociocultural de Santa Marta.
O obxectivo co que se traballa dende Raxoi é que os estudos previos estean rematados o 30 de novembro de 2023, que en 2024 se elaboren e tramiten as normas necesarias e que en 2025 estean listas para a súa aplicación. “Hai que ordenar o reparto de mercadorías, a Intermodal, as zonas de baixas emisións....”, entre outros elementos que se producen nunha cidade “cun casco urbano dunhas 2.500 hectáreas, das cales 500 son de solo industrial; 500, de parques públicos; 500, de solo institucional e 1.000 están ocupadas por algo máis de 50.000 vivendas onde viven algo máis de 80.000 persoas”. “Un casco urbano moi rico, pero complexo de organizar”, explicou o alcade. A isto hai que sumar, dixo, 21 parroquias rurais e oito rururbanas, e un “terceiro reto adicional”. “En Santiago traballamos 67.000 persoas e case 30.000 veñen de fóra cada día. Se engadimos os diferentes tipos de servizos temos unha cidade cunhas demandas especiais de mobilidade que o PMUS deberá encaixar”, engadiu.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago