O BNG promete en Lavacolla consensuar o Plan Especial

Entrada da parroquia de Lavacolla

Entrada da parroquia de Lavacolla / David Suárez Martinez

ECG

A portavoz municipal Goretti Sanmartín mantivo un encontro con veciñanza da Lavacolla, e comprometeuse, a partir do 28 de maio co BNG no goberno municipal, a consensuar o Plan Especial do Camiño francés e a buscar fondos para destinar a axudas para vivendas e negocios no ámbito de actuación da Lavacolla. No encontro, ao que asistiu un cento de persoas, indica o BNG, tamén estiveron membros da candidatura do BNG que atenderon as demandas de falta de saneamento, de coordinación dos autobuses e de recollida de residuos, entre outros temas.