Parkings das prazas de Galicia e de Vigo: CA defende a xestión pública

Vehículos accediendo al aparcamiento subterráneo ubicado en la plaza de Galicia

Vehículos accediendo al aparcamiento subterráneo ubicado en la plaza de Galicia / Antonio Hernández

Compostela Aberta propón que o Concello asuma a xestión directa dos aparcamentos da praza de Galicia e da praza de Vigo, “aproveitando que a súa concesión remata no próximo mandato para utilizar ambos recintos como ferramentas para desenvolver políticas de mobilidade beneficiosas para a veciñanza”. A candidata de CA á alcaldía incidiu onte en que “o Concello non pode volver caer en erros do pasado e apostar por modelos que están únicamente ao servizo de grandes empresas privadas”.

Para María Rozas, ”non hai ningún motivo para volver concesionar eses parkings e hipotecar o seu futuro e o da cidade”. A recuperación dos parkings é unha das “propostas de goberno realistas e concretas” que a candidata de CA irá presentando nos vindeiros días.

A concesión do aparcamento da Praza de Galicia remata en xullo de 2025, e un ano despois, en outubro de 2026, finaliza a concesión do estacionamento da Praza de Vigo. Para CA, “o fin destas concesións abre unha fiestra de oportunidade para poder desenvolver políticas públicas en materia de mobilidade e axudar a solventar os problemas que tén Compostela en canto ao tráfico e o aparcamento”.