Xornada de portas abertas para os futuros residentes de especialidades da área sanitaria

É unha iniciativa que ofrece información sobre as características dos distintos servizos

Fachada del Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)

Fachada del Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) / ECG

k.m.

Co obxectivo de poder ofrecer e compartir unha ampla información sobre as características específicas que definen aos distintos servizos que forman parte dos centros hospitalarios da área sanitaria de Santiago e Barbanza, así como dos seus centros de saúde, o CHUS organizou onte a sexta edición das súas Xornadas de Portas Abertas.

Foi un encontro que tamén lles serviu aos asistentes para recibir orientación no seu proceso de formación como futuros especialistas. O equipo de docencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago organizou unha primeira xuntanza para compartir toda esta información, na que reuniu a un total de 170 futuros residentes que expuxeron as súas expectativas para o futuro máis inmediato, tanto con residentes actuais como con facultativos dos distintos servizos.

Os futuros residentes que onte visitaron estes diferentes centros proceden de Santiago, Madrid, Vigo, Barcelona, Oviedo, Cantabria e Girona. Os participantes foron recibidos polo equipo directivo do centro nun encontro institucional. En nome da xerencia da área Sanitaria de Santiago e Barbanza acudiron a directora de atención hospitalaria, Eva San Luís Calo, e a directora de enfermaría Victoria Carral, ademais do responsable de docencia, Rogelio Leira, e o decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, Julián Álvarez.

Trátase dunhas xornadas dirixidas a residentes de especialidades como Medicina, Enfermería, Farmacia, Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.