Viño galego: conta atrás para o II Revera Vinum en Santiago

O encontro celebrarase a próxima semana no San Francisco Hotel Monumento de Santiago, e inclúe o acto conmemorativo dos 25 anos de Gallaecia e a entrega da Distinción Revera Vinum

Imagen panorámica de la I  Revera Vinum celebrado el año pasado

Imagen panorámica de la I Revera Vinum celebrado el año pasado / Margen Fotografía

Redacción

O II Encontro do Viño Galego Revera Vinum, promovido pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, celebrarase a próxima semana amosando no San Francisco Hotel Monumento preto de 500 referencias e un completo programa de actividades a cargo de recoñecidos relatores, para ás que xa están as entradas á venda a través da web www.reveravinum.gal , e cuxos prezos van dende os 25 aos 45 euros, dando ademáis acceso á zona expositiva.

Entre elas destacan as tituladas Castes galegas vs castes internacionais, con Luis Paadin (luns, 27; 10.00 horas); Cata de cartas de viños dos séculos XVIII – XIX, con Alejandro Paadin (luns, 12.30 horas); Marcas novas en zonas vella, con Martiño Santos (luns 27, 18.30 horas); Castes tintas en crianza, con Cecilia Fernández (martes 28, 10.00 horas); Armonías Gastronómicas Baka by Discarlux & Pazo de Rubianes. Embutidos curados e carne madurada de vaca, con Miguel Núñez e Adrián Lage (martes 28, 12.30 horas); Cata añada histórica 2015, con Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, José Luis Bouzón e Andrea Obenza (martes 28, 17.00 horas), e o Taller básico de interaccións entre viño e comida, con Jorge Vila e David Martín (martes 28, 19.00 horas).

Ademáis, no encontro tamén están previstas varias actividades gratuitas, como a mesa de debate Valores dentro dunha copa, con Martiño Santos, Fernado Mora, Pepe Raventós, Antonio Portela, Francisco Rego, e Jorge Domínguez.

Tamén será con acceso libre a presentación do libro A nación dos mil viños, unha novidade editorial que permite un achegamento pedagóxico ao mundo e á cultura do viño en xeral e á súa proba sensorial desde a realidade vitivinícola galega, do que son autores Martiño Santos Canosa e Xosé Gontá Sobrino, e a ponencia Ponte da Boga, armonías gastronómicas, con Dominique Roujou de Boubée e Queco Arias, ás que se sumará a axenda de actividades deseñada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Por outra banda, o Revera Vinum tamén servirá de marco da celebración dos 25 anos de Gallaecia, a Asociación de Sumilleres de Galicia, que aproveitará para dar os seus premios anuais e varias distincións conmemorativas.

O encontro, que será inaugurado o día 27, ás 11.00 horas, coa participación de varias autoridades da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, principais patrocinadores do encontro, clausurarase o día 28, ás 20.30 horas, coa entrega da Distinción Revera Vinum, que recoñece o traballo no mundo do viño dunha persoa do sector. 

TEMAS