O vindeiro domingo 26/03/2023 vaise cortar a rúa do Hórreo á altura do número 92 (treito entre República Arxentina e República do Salvador) por ocupación da vía cun guindastre para unha obra de carácter particular dende as 7.30 h ata as 20.00 h, aproximadamente.
Por mor deste corte, as liñas 6A e P3 desviaranse do seguinte xeito: *Liña 6A sentido San Marcos - Aeroporto e liña P3 sentido rúa Valle Inclán: no horario indicado desviaranse pola avda. de Lugo, rúa Bernardo Barreiro, Curros Enríquez, Santiago de Guayaquil e retomarán o itinerario habitual na rúa do Hórreo nº 23, pasado o cruce con República do Salvador.
Quedará suprimida a parada 276, Hórreo (Parlamento).