O premio Stephen Hawking distingue cinco traballos de dous centros composteláns
Recoñecéronse seis máis na quinta edición do certame convocada polo IES Rosalía de Castro

Acto de entrega de premios celebrado onte/jesús prieto / redacción
Redacción
O IES Rosalía de Castro deu a coñecer onte pola tarde os gañadores da quinta edición do Premio Stephen Hawking de Xoves Investigadores que distinguiu traballos de dous institutos composteláns. A proposta gañadora asínaa Irene Armesto Méndez, alumna do IES Rosalía de Castro; centro que tamén logrou dous segundos, asinados por María Salgado Alcalde –un–, e por Silvia Rodríguez Ardao e Irene Armesto Méndez –o outro–; e un terceiro premio, que tamén asina Silvia Rodríguez Ardao. Ademais, o O IES Arcebispo Xelmírez II acadou un terceiro premio, proposta presentada por Carlota Romero Méndez.
Por outra banda, o IES Eusebio da Guarda de A Coruña obtivo un segundo, presentado por Bruno Bolaño Molezún; e dous terceiros, asinados por Inés Vázquez Rey –un– e Elisa Rodríguez Martínez, Iago Cabanas Castro e Antón Jopia Astray –outro–. O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo acadou dous terceiros premios. Son as propostas de Laura Vázquez Núñez e Pablo Serrano Pérez, por un lado, e de Ana Gallego Fernández e Candela López Fernández, polo outro. O IES Pintor Colmeiro de Silleda obtivo un segundo premio polo traballo asinado por Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra.
O xurado, presidido por María Martinón –doutora en Medicina e Cirurxía e especializada en Evolución Humana e Antropoloxía, actual directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), con sede en Burgos– destacou a “elevada calidade” das propostas, especialmente “o nivel das preguntas”, dixo. Profesorado universitario e de secundaria, así como exalumnos do centro anfitrión, ata un total de nove persoas, acompañaron á doutora Martinón como membros do xurado, que outorgaron un primeiro premio, catro segundos e seis terceiros.
Nesta edición, o IES Rosalía de Castro de Santiago recibiu corenta traballos realizados por 63 bachareles (41 mulleres e 22 homes) de oito centros galegos: Pintor Colmeiro de Silleda (1 traballo); Blanco Amor de Ourense (1); Lucus Augusti de Lugo (1); Arcebispo Xelmírez II de Santiago (3); Compañía de María de A Coruña (5); Eusebio da Guarda de A Coruña (6); Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo (9); e Rosalía de Castro de Santiago (14). No referente ás áreas científicas dos traballos presentados: dezaséis foron de bioloxía, sete de química, sete de matemáticas, seis de física e catro de informática. As memorias correspondentes suman un milleiro de páxinas.
Os pósteres dos distintos traballos presentados onte quedaron expostos na planta baixa do instituto compostelán.
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
- Orquesta Compostela,107 años siendo el latido musical de Santiago