‘Somos Criminais 3’ chega a Santiago o vindeiro sábado

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán durante unha función.

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán durante unha función. / Cedida

Redacción

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegan a Santiago coa nova xira de Somos Criminais 3. Os cómicos ofrecerán dúas funcións no Auditorio de Galicia o sábado 1 de abril, e as entradas xa están esgotadas. Na primeira xira, entre 2021 e 2022, máis de 30.000 espectadores viron a representación.