Amandine Beyer, no Auditorio de Galicia

Amandine Beyer.  | FOTO: ÓSCAR VÁZQUEZ

Amandine Beyer. | FOTO: ÓSCAR VÁZQUEZ / redacción

Redacción

A Real Filharmonía de Galicia regresa mañá ao escenario do Auditorio de Galicia despois de ter protagonizado unha actuación única xunto co Coro Easo na Semana da Música Relixiosa de Cuenca. Amandine Beyer, recoñecida como unha referencia na interpretación do barroco e o clásico para violín, será a directora-concertino deste dobre concerto. O programa estará composto por catro sinfonías definidas como “tesouros musicais”, o cal precisamente é o título do concerto. Dúas destas obras son de Carl Philipp Emanuel Bach, a Sinfonía en Sol maior, Wq. 183/4 e a Sinfonía en Re maior, Wq. 183/1. A Filharmonía tamén interpretará a Sinfonía en Fa maior, S. 209 de Johann David Heinichen e a Sinfónia nº 47 en Sol maior “Palíndroma” de Franz Joseph Haydn. A actuación será ás 20:30 horas.