Mestre Mateo será a única escola galega con formación universitaria para a xoiaría e os complementos
O Consello da Xunta aprobará hoxe o un itenerario específico dentro do grao de Deseño de Producto ante a demanda existente

Instalacións da Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela/easd mestre mateo / n. s.

Azibecheiros e prateiros forman parte da historia de Santiago. Aínda que o número de talleres disminuiu nos últimos tempos, a xoiaría segue a ter un importante peso na cidade e o sector precisa novos profesionais. Ate agora non había en Galicia unha formación universitaria na materia. Pero a partir do próximo curso a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago converterase na primeira en Galicia en ofrecer unha especialización dentro do grado de Deseño de Producto.
O Consello da Xunta aprobará hoxe un novo decreto para regular o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, que a tódos os efectos están recoñecidas como graos universitarios. O decreto creará dous novos itinerarios na especialidade de Produto: o Xeral e o de Xoiaría e Complementos. Ambos impartiranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
Ata o momento a escola ofrecía estudos de Xoiaría Artística, pero dentro da súa oferta de Técnico Superior de Formación Profesional. Tamén tiña implantando un grao en Deseño de Producto, que non contaba con ningún itinerario específico. Coa creación das dúas especialidades, a Consellería de Educación busca dar “resposta ás demandas dun sector en evolución, introducindo no plan de estudos a formación nas novas tecnoloxías inherentes ao proceso produtivo, atendendo a máis dun eido da produción industrial de obxectos, e mellorando ao mesmo tempo a súa especialización e as súas posibilidades de inserción no ámbito laboral”. No caso do itinerario Xoiaría e Complementos, Educación asegura que “vén a dar resposta a unha demanda dun sector significativo para Galicia e de gran arraigo na nosa artesanía, representado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, así como por asociacións con arraigo como Ourives de Compostela”.
O deseñador de produto “é un profesional capaz de proxectar, analizar, investigar e determinar as propiedades e calidades físicas, así como os valores simbólicos e comunicativos que caracterizarán as súas producións, definindo a forma, a configuración, a calidade, o funcionamento, o valor e a significación estética, social e ambiental destas”, explica Educación. Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade profesional abranguen desde o deseño de envases e embalaxes, ata o ecodeseño, pasando pola artesanía, a xoiaría, o mobiliario...
O primeiro curso do grao de Deseño na Mestre Mateo será idéntico para os dous itinerarios. A partir de aí, ademais das materias comúns, o itinerario xeral comprende, repartidas entre o 2º e o 4º curso do título de grao, as disciplinas de Modelos e prototipos I e II, Proxectos de deseño de produto I, II e III, Materiais II: xeral e Equipamento de espazos. No caso do itinerario de Xoiaría e complementos, as disciplinas específicas do itinerario son Técnicas de produción I,II e III, Procesos de deseño de xoiaría e complementos I, II e III, Materiais II: xoiaría e complementos.
Ambos itinerarios poranse en marcha o vindeiro curso 2023/24 e se irán implantando gradualmente ata o 2026/27, cando será a última vez que se imparta o 4º curso consonte o anterior plan de estudos.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias