Bugallo felicita á Asociación de Mulleres Salgadas e a Rosa Lima, Premios de Igualdade Maruja Vázquez

Portal da Asociación de Mulleres Salgadas

Portal da Asociación de Mulleres Salgadas / ECG

ECG

O alcalde de Santiago e candidato á reelección polo PSdeG, Xosé Sánchez Bugallo, felicitou á Asociación Mulleres Salgadas e a Rosa Gómez Lima, primeira muller deputada de esquerdas no Parlamento de Galicia, distinguidas cos Premios de Igualdade Maruja Vázquez. Foi nun acto celebrado no Centro Sociocultural do Ensanche, e no que tamén estaba presente o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. Bugallo defendeu a importancia das mulleres relacionadas co mar e co sector pesqueiro e a necesidade de rachar os teitos de cristal.