O fiscal xeral do Estado felicita aos 54 novos avogados tras a finalización do máster

Presentación da orla dos novos avogados no acto en Fonseca

Presentación da orla dos novos avogados no acto en Fonseca / c.a.s.

ECG

A Escola de Práctica Xurídica (EPX) de Santiago de Compostela celebrou o seu tradicional acto anual para despedir aos 54 alumnos e alumnas da 10ª promoción (2021/2023) do Máster Universitario en Avogacía, impartido pola USC e o Colexío da Avogacía de Santiago. O acto, no salón nobre do Colexio de Fonseca, contou coa presenza do fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, antigo docente e titor da titulación, quen aproveitou a ocasión para trasladarlles o seu apoio e felicitación aos novos avogados. A cerimonia contou tamén coa participación de numerosos profesores da Facultade de Dereito da USC, así como moitos letrados, entre eles os padriños da nova promoción.

A escola recoñeceu ademais, nun acto que contou coa asistencia de 300 persoas, a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola, a máis antiga de Galicia e xérmolo doutras creadas na comunidade. É tamén unha das máis antigas e prestixiosas de España pola calidade da formación.