Investigadores da USC traballan na inclusión de migrantes e refuxiados

Integrantes do grupo Esculca na xuntanza deste xoves / santi alvite

Integrantes do grupo Esculca na xuntanza deste xoves / santi alvite / FIRMA

Redacción

O proxecto Erasmus+ ‘A mobilización de recursos Universidade-Comunidade a través da ApS para a inclusión de persoas migrantes/refuxiadas’, coordinado polo grupo de investigación da USC Esculca, desenvolveu onte a súa primeira reunión presencial coa participación das universidades de Galway (Irlanda), Verona (Italia) e as entidades ACCEM (España) e Glocal Factory (Italia). A xuntanza serveu de marco para definir as liñas de traballo para os vindeiros meses neste proxecto centrado en aplicar a metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) á atención de migrantes e/ou refuxiadas en Europa. Como aclaran os profesores e membros do equipo coordinador do proxecto, Mar Lorenzo e Miguel A. Santos, a ApS posúe unha idoneidade no campo de estudo xa que se ten constatado “o seu impacto na visión do alumnado sobre a diversidade ao permitirlles confrontar estereotipos persoais e sociais, coñecementos sobre a poboación á que se ofrece o servizo, crer no valor dunha sociedade intercultural, ter maior confianza para interactuar en contextos de diversidade e recoñecer a universidade”.