Entrevista | María José Sampedro Vizcaya Decana da Facultade de Psicoloxía da USC

Si yo fuera alcalde: “Protexería a saúde mental dos máis vulnerables”

María José Sampedro Vizcaya

María José Sampedro Vizcaya / ECG

Redacción

Gustaríalle gobernar tendo presente que preto dun 20 % da poboación santiaguesa confórmana os estudantes da USC, e sería un acerto gobernar para eles e con eles, xa que, aínda que estean “en tránsito”, son un importante dinamizador socioeconómico. Gobernar para eles significa “converter o Campus Vida nun espazo para a convivencia polo que habería que intervir na calzada, nas zonas axardinadas, no mobiliario urbano e na iluminación” ou “promocionar a vivenda de aluguer”. Gobernar con eles significa aproveitar os recursos cos que conta a Universidade, a través do servizo de voluntariado, para colaborar cos servizos sociais do Concello, promovendo “a protección da saúde mental da cidadanía máis vulnerable, co apoio do Servizo de Atención Psicolóxica da USC.

Francisco Rabuñal, decano no Colexio da Avogacía de Santiago

Francisco Rabuñal

Francisco Rabuñal / ECG

“Loitaría por unha xustiza máis áxil e rápida”

Se Francisco Rabuñal fose alcalde, como avogado de profesión, loitaría por dotar a Compostela dos medios que necesita para ter unha xustiza “máis áxil e rápida ao servizo da cidadanía, sobre todo tendo en conta que somos a capital de Galicia”. Asegura, que de forma urxente, pelexaría por “un novo xulgado de Familia, un xulgado exclusivo para violencia de xénero e outro do ContenciosoAdministrativo”. Como capital de Galicia, xúlganse en Compostela moitos asuntos que convirten en moi necesarias estas novas dotacións. “A xustiza é un servizo público, é sen dúbida un dos grandes asuntos pendentes do noso país”, polo que Rabuñal impulsaría “un gran pacto de cidade para que fora prioridade do goberno local”.

Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da USC

Jorge Mira

Jorge Mira / ECG

“Faría unha reflexión sobre o alumeado público”

O catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira asegura que se fose elixido alcalde compostelán “faría unha reflexión sobre o alumeado público, que é clave na atmosfera dunha cidade”, posto que considera que “cambia a súa estética, humaniza espazos e mesmo repercute sobre a saúde”. Insiste no feito de que “é tóxico alumear de noite certas zonas con luces brancas como se fose un quirófano”, e engade que “ademais, esa racionalización reduciría custos. Alumear máis non é alumear mellor”, conclúe sobre un tema no que está moi involucrado, ata o punto de que o 1 de xuño organiza no Consello da Cultura Galega o foro "Os múltiples riscos da contaminación luminosa".