Comeza a renovación de todo o alumeado público de Santiago por 41 millones de euros
O contrato de alumeado público adxudicouse hai un mes por 41.765.702 euros e suporá un aforro de máis do 70% no consumo enerxético co paso a luces led
![Arrancou na rúa do Hórreo a renovación das luminarias](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/f316fd2e-83fb-470a-8798-070288c57c95_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Arrancou na rúa do Hórreo a renovación das luminarias / Concello de Santiago
Redacción
Este martes comezouse coa substitución dos máis de 30.000 elementos lumínicos do concello que pasarán a ser leds. Concretamente, a primeira zona en renovar a iluminación pública é a rúa do Hórreo, dando cumprimento ao compromiso adoptado coa asociación de comerciantes Somos Hórreo.
A partir de aquí, durante os próximos meses, se acometerá a substitución de todos os elementos luminarios que pasarán a ser leds, así como a mellora da iluminación nas zonas rurais coa incorporación dun sistema 5G que permita coñecer en tempo real o estado de cada un dos farois e actuar de xeito inmediato no caso de incidencias. Estas melloras permitirán un aforro económico anual estimado dun millón de euros, xa que se espera que o consumo enerxético diminúa en máis dun 70%.
Ademais, tamén se contempla a ampliación da rede en preto de 2.000 novas luminarias para puntos que se acordarán coas asociacións veciñais, pensando sobre todo en zonas sen luz do rural e nos barrios.
O proxecto adxudicado á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L., será executado no seu 95% con provedores locais e suporá a contratación dunha vintena de operarios preferentemente do termo municipal de Santiago, que tamén se ocuparán dos labores de mantemento.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local