A piscina Fontes do Sar, dispoñible en formato estival ata o 15 de setembro
Durante o verán deixa de estar climatizada e mantense temporalmente o servizo de sauna e baño de vapor

Imaxe da piscina Fontes do Sar / ECG
Santiago de Compostela
A piscina Fontes do Sar deu inicio o día 1 de xuño ao seu formato estival. As persoas abonadas do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel, xunto coas usuarias diarias, poderán gozar das instalacións que irán adaptándose en función das condicións meteorolóxicas.
Durante o verán a piscina deixa de estar climatizada e as instalacións manteñen temporalmente o servizo de sauna e baño de vapor.
O horario de apertura é de luns a domingo de 11h. a 21h. e dende o complexo lembran que os abonados poden ir indistintamente a Sar e a Santa Isabel.
TARIFAS PISCINA VERÁN
- De 3 a 6 anos............2,30 €
- De 7 a 16 anos..........2,76 €
- Adultos......................4,18 €
- 3ª Idade.....................2,30 €
Pódense consultar todas as tarifas no seguinte enlace: https://www.multiusos.net/informacion/prezos/
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo