CA creará unha empresa pública para aforrar custos nos servizos das instalacións municipais

Compostela Aberta anunciou onte que se gaña as eleccións porá en marcha a creación unha empresa pública que xestione de forma directa servizos como a limpeza ou a conserxaría das instalacións municipais

André Seoane, María Rozas e Carminha Naveiro / ca

André Seoane, María Rozas e Carminha Naveiro / ca / a.t.

Compostela Aberta (CA) anunciou onte en rolda de prensa que, se gaña as eleccións do vindeiro domingo, porá en marcha a creación unha empresa pública que xestione de forma directa servizos como a limpeza ou a conserxaría das instalacións municipais. Unha empresa que ademais de permitir aforrar custos, fronte aos servizos que agora ofrecen empresas externas, tamén melloraría as condicións laborais das traballadoras e traballadores.

Segundo explican en nota de prensa, esta nova empresa municipal tamén asumiría o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).“Trátase de procurar un mellor servizo para a veciñanza, unhas mellores condicións laborais para os traballadores e un aforro para o Concello”, explicou a candidata María Rozas. “Hai moitas experiencias que nos din que supón un importante aforro para a administración”, e fixo referencia á USC, que asumiu a xestión directa de todos os seus centros, nos dous Campus que lle custaban 8 millóns de euros e agora ten un aforro de 800.000 euros anuais.