O impacto do cambio climático no patrimonio: novos microorganismos deteriorarán o granito

É a conclusión da tese de doutoramento da investigadora da USC Elsa Fuentes, que recibiu un sobresaliente cum laude

O estudo da investigadora Elsa Fuentes sobre os efectos dos microorganismos no granito é novidoso / S. alvite

O estudo da investigadora Elsa Fuentes sobre os efectos dos microorganismos no granito é novidoso / S. alvite / lorena rey

Analizar o efecto do cambio climático no deterioro provocado por múltiples microorganismos no patrimonio monumental construído en granito era o obxecto de estudo da tese de doutoramento de Elsa Fuentes Alonso, investigadora do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC.

A investigadora encargouse de analizar como a humidade, a temperatura, a concentración de CO2 e a radiación ultravioleta afectaba ao estado de biofilms ou biopelículas –algas e cianobacterias, o que popularmente se coñece como verdín– e en consecuencia ao sustrato de granito, “que es el material más utilizado en Galicia”, explica a EL CORREO GALLEGO Elsa Fuentes.

O estudo concluíu que o cambio climático podería reducir a biomasa acumulada nos monumentos pero a colonización resistente pode ser máis deteriorante. “Al reducirse la disponibilidad del agua, esto desencadena en que la colonización también se reduzca. A pesar de ello los organismos que prosperen van a ser más agresivos”, detallou.

A maiores, os resultados obtidos contribuíron a mellorar o coñecemento existente sobre os patróns de colonización do patrimonio cultural granítico ubicado no noroeste da Península Ibérica.

Fuentes Alonso pon de manifesto que “mentres que o efecto directo que teñen as variacións nos parámetros ambientais que gobernan o cambio climático sobre as infraestruturas e os materiais de construción do patrimonio cultural construído é relativamente coñecido, hai moito descoñecemento do efecto que estes teñen sobre a actividade deteriorante dos biofilms que tapizan as súas paredes”.

O estudo comenzou a finais de 2018. Nunha primeira fase realizáronse os traballos de campo, logo “tuvo que hacerse un estudio para recrear situaciones en el laboratorio” e a posteriori realizouse unha revisión de datos e procedeuse á escritura. “Es difícil hacer trabajos de campo de cambio climático en un laboratorio”, afirmou a investigadora.

Trátase dunha investigación base e agora o interesante sería valorar a evolución dos novos microorganismos. “Una vez que limpias un momumento hay que ver cómo va a ser esa recolonización con otros organismos”, asevera.

Estudar en que medida a variación global que está a vivir o clima da Terra afecta o biodeterioro dos materiais empregados na construción de monumentos en granito é algo novidoso na comunidade. Elsa comenta que en Europa si hai investigación neste ámbito pero no que respecta a Galicia “poco se había investigado en referencia a los efectos de microorganismos sobre el granito, cuando si se tiene mucha información sobre los líquenes”.

A tese titulada ‘Evaluation of the impact of climate change on the deteriorating activity of phototrophic subaerial biofilm-forming organisms on the monumental heritage’, presentada o pasado 12 de maio, estivo dirixida pola profesora da Facultade de Bioloxía, Beatriz Prieto Lamas. O tribunal estivo composto por Xabier Pontevedra Pombal da Universidade de Santiago, Graciela Paz Bermúdez da UVigo e Nuno Mesquita da Universidade de Coimbra. O traballo recibiu a cualificación de sobresaliente cum laude.