Mesa redonda

O Ateneo analiza a conformación do goberno de Santiago e o papel da oposición

Fernando Salgado (e.), Xosé Ramón Pousa, Xaime Leiro e Manuel López-Rivadulla, onte no Ateneo.

Fernando Salgado (e.), Xosé Ramón Pousa, Xaime Leiro e Manuel López-Rivadulla, onte no Ateneo. / Antonio Hernández

Redacción

O Ateneo de Santiago acolleu onte unha mesa redonda titulada Reflexión postelectoral, na que, moderados polo xornalista Xosé Ramón Pousa, participaron Xaime Leiro, director de EL CORREO GALLEGO, e Fernando Salgado, comentarista político de La Voz de Galicia. Ambos coincidiron no feito de que un goberno local estable en Santiago require un programa común de BNG, PSdeG e CA para unha cidade á ofensiva que vaia máis alá de xestionar o día a día tendo en conta a forza do Partido Popular na oposición.

O vídeo completo deste encontro xa está dispoñible no Youtube do Ateneo de Santiago