Hoxe prevese un aumento da inestabilidade atmosférica en Santiago debido a entrada de aire frío en altura, xa que continuamos con aire cálido en superfie. Unha situación que trae en Compostela ceos parcialmente nubrados e chuvascos, máis activos pola tarde que poden chegar a ser localmente tormentosos e mesmo vir acompañados de pedrazo.

As temperaturas apenas terán cambios cuns 23 graos de máxima e un vento que soprará frouxo sen descartar algún refacho forte xerado polos chuvascos.