Exposición

Arte urbana con visión feminista no Auditorio de Galicia

O proxecto é froito dunha inxente labor de investigación en clave de xénero sobre o graffiti e o muralismo contemporáneo

Mural da exposición “1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega”

Mural da exposición “1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega” / Cedida

Redacción

A partir do vindeiro mércores 28 de xuño e ata o venres 31 de maio do 2024, o Auditorio de Galicia acollerá 1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega, un ensaio expositivo sobre arte urbana, inédito no noso país. Curado por Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, o proxecto é froito dunha inxente labor de investigación en clave de xénero sobre o graffiti e o muralismo contemporáneo. A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan extendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa. Móstranse feitos históricos como o que demostra que o primeiro graffiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984