Sar celebra tres días de festa con moita música e diversión

Os festexos prolongaranse ata este xoves

Imaxe dunha edición anterior das festas patronais do barrio de Sar / ECG

Imaxe dunha edición anterior das festas patronais do barrio de Sar / ECG / ECG

ECG

O compostelán barrio de Sar acolle dende este martes as festas patronais na honra de Santa María, San Roque e Santas Mariñas, organizadas pola Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida, e que contarán coa presenza de varias actuacións musicais. O programa arranca co disparo das tradicionais 21 bombas de palenque, pasarrúas a cargo da charanga Os Celtas, os gaiteiros da A.F Colexiata de Sar e os Viqueira de Ordes. E xa ás 11.30 horas, rosario e procesión dende o Convento da Ensinanza ata a praza da Colexiata de Sar. Acompañará a procesión a Banda de Música de Teo e a A. F. Colexiata de Sar. Despois terá lugar a misa solemne, e ao rematar, o concerto da Banda de Música de Teo. A sesión vermut terá lugar a cargo do Dúo Reflejos. E xa pola noite, gran verbena a cargo de Galaxia e Discomóvil Impacto.

A Asociación cultural Eu de Sar de toda a vida, comisión organizadora das festas, convida a toda a veciñanza e visitantes que se queiran achegar “a participar e gozar desta festa”, que se prolongará ata a xornada do xoves.