Falece Amalia Seoane, traballadora con máis de 30 anos ao servizo do Concello de Santiago

A veterana funcionaria foi unha das homenaxeadas o pasado mes de maio pola súa dedicación ao Concello e á cidadanía compostelá

O concelleiro do PP, Xosé Antonio Constenla, con Amalia Seoane durante a homenaxe de Raxoi a aqueles traballadores con máis de 30 anos de servizo ao Concello e á cidadanía de Santiago

O concelleiro do PP, Xosé Antonio Constenla, con Amalia Seoane durante a homenaxe de Raxoi a aqueles traballadores con máis de 30 anos de servizo ao Concello e á cidadanía de Santiago / Raxoi

Redacción

O pasado 25 de maio o Pazo de Raxoi acollía un almorzo co gallo do día de Santa Rita, patroa dos funcionarios, que incluiu un acto de homenaxe aos traballadores e traballadoras municipais que levan 30 ou máis anos ao servizo do Concello de Santiago e da cidadanía. Entre eles, Amalia Seoane, que recollía a súa figura de Maruxa e Coralia en recoñecemento ao seu esforzo e dedicación ao longo da súa dilatada carreira profesional. Esta mañá o Concello de Santiago despedía a veterana funcionaria, falecida este mércores, cun minuto de silencio na súa memoria, trasladando o afecto de toda a corporación municipal á súa familia e amizades.

Amalia Seoane tiña 61 anos e estaba no servizo da Xunta de Goberno de Raxoi. Era natural de Teo, onde residía e onde recibirá sepultura este mércores ás 19.30 horas.