Antonio López: “O aprazamento dos cambios nas probas de Selectividade é o máis prudente”
O reitor afirma que o alumnado debe saber como se vai avaliar antes de cursar Bacharelato
O Ministerio de Educación trasladou este xoves ás comunidades autónomas que a selectividade do curso 2023-2024, que se celebrará no mes de xuño para o alumnado que aprobe segundo de Bacharelato, manterase como ata agora, sen ningún tipo de modificación.
O reitor da USC, Antonio López mostrouse satisfeito con esta comunicación. En conversación con este medio manifestou que “o aprazamento da data inicialmente proposta para a reforma da ABAU parece a decisión máis razoable, pois ofrece maior seguridade para o estudantado”. Dixo que “é necesario que no momento de realizar a matrícula no Bacharelato, o alumnado teña claro como vai ser avaliado no acceso á Universidade”, polo que valora a decisión de aprazar os cambios de “prudente”.
Como exemplo, no borrador propoñíase que as probas durasen 105 minutos, en lugar de 90, e ampliar os descansos entre as mesmas, ata os 45 minutos, pero non haberá cambios. A maiores, Educación tiña a intención de reducir os exercicios memorísticos por outro tipo de actividades onde os estudantes tiveran que reflexionar, fomentado así o desenvolvemento do espíritu crítico. Polo de agora non se coñecen as datas da Selectividade para este curso.
- Denuncian destrozos en el suelo del Obradoiro tras la actuación de la orquesta Panorama
- Relevo en la Gerencia del área sanitaria de Santiago: Sanidade nombra a Ángel Facio Villanueva
- Cierra un nuevo local en la 'milla de oro' de Santiago y ya se alquila por 3.500 euros al mes
- Sigue la polémica por la Panorama: el Concello evaluará los daños en el Obradoiro
- Sin fecha para la residencia de Santiago donada por Amancio Ortega: la Xunta mantiene la previsión de abrirla este mes
- Una multinacional francesa toma el control de tres parkings de Santiago: San Clemente, San Caetano y el Hórreo
- Caso Asunta: la carta íntegra con la respuesta de Porto a Basterra desde la cárcel
- Cordialidad política, por un día, en la pulpada de Santa Susana