O investigador da USC Xosé Luis Otero analiza a xeoquímica de Groenlandia

O investigador do Cretus, Xosé Luis Otero

O investigador do Cretus, Xosé Luis Otero / redacción

redacción

O proxecto de investigación Neoartic (Reconstruction of Neoglacial oscillations and climate variability in Greenland and Iceland) desenvolve unha nova campaña científica na rexión ártica para estudar se as mudanzas climáticas que se están a experimentar na zona, cun notorio incremento das temperaturas e aceleración do desxeo, responden a patróns xa presentes nos rexistros xeolóxicos ou amosan os efectos amplificados da inercia climática global.

Ata o 9 de setembro, o profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC e coordinador da Rede de Estacións Biolóxicas da institución, Xosé Lois Otero, permanecerá en Groenlandia para colaborar nos traballos de mostraxe deste proxecto no que asume a dirección do exame xeoquímico dos solos, sedimentos e augas da rexión. Os resultados da mostraxe serán despois analizados nos laboratorios do Centro Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da USC, ao que tamén pertence o investigador.

O proxecto Neoartic, liderado polo profesor da Universidade de Barcelona Marc Oliva, conta con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España.