Ana Cabaleiro: “A protagonista ve que hoxe en vez de ‘fast food’ hai ‘fast travel’”

Ana Cabaleiro, gañadora do premio Exeria, presenta 'Xa vemos palmeiras' na librería Couceiro

Ana Cabaleiro. / jESÚS PRIETO

Ana Cabaleiro. / jESÚS PRIETO / XABIER SANMARTÍN

Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974) llega puntual a la cita en el café Paradiso. Es hora de vermú pero pide cerveza “sin gluten” porque asocia la otra bebida al domingo, explica esta escritora y periodista (“a pesar de todo”, dice su perfil en X, red social antes llamada Twitter).

Tras publicar Sapos e Sereas (Galaxia, 2017), As Ramonas (Galaxia, premio García Barros 2018, con versión en castellano en De Conatus) y Deixádenos Remar (Xerais, 2020), Ana Cabaleiro presenta mañana en Compostela (librería Couceiro, 19:30 h.), su nuevo libro: Xa vemos palmeiras (Xerais).

La portada de Andrés Meixide sintoniza con la blusa de aire botánico que ella viste en este encuentro con EL CORREO GALLEGO donde deja fuera del local su rol como jefa del gabinete de la alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, y detiene un rato el mundo para conversar de literatura. Admiradora de Anxos Sumai (“Soñei moito co seus libros”, subraya), Ana gusta también de leer poesía (“Resúltanme atractivos como poetas Mirian Ferradáns e Ismael Ramos”) y teatro (“Gustoume Sophie non é o meu nome de guerra, de Roberto Pascual”) y constata con su cuarto libro que cuanto más escribe... “máis difícil” le resulta sentirse contenta.

Antes de abordar 'Xa vemos palmeiras', viajemos al ayer, a tiempos de infancia. ¿Era nena de escribir cuadernos y andar entre lecturas?

O libro ten unha pequena introdución en primeira persoa que fala dunha rapaza de aldea que medra lendo e transforma en literatura de viaxes libros textos que non eran de viaxes. A súa paixón por viaxar nace mediada pola literatura e por unha idea que é equivocada porque soña de pequena con ser exploradora e despois, cando empeza a narrar o libro, esa voz narrativa dáse conta de que é vulgar turista. O libro vai sobre a experiencia dunha rapaza de aldea con fame de coñecer mundo que despois dáse conta de que hai globalización, consumismo, escapadas rápidas, todo o contrario do que é a viaxe de coñecemento, de desfrute. Agora en vez de fast food hai fast travel, e a través dunha viaxe que fai para pasar o Fin de Ano no Sáhara, conta esa viaxe pero como a narración ten lugar quince anos despois daquel percorrido, narra todo o que lle suxire hoxe...

Es decir, la protagonista se ve ante sí misma quince años después...

Se ve a si mesma e tamén se ve en relación co mundo porque é unha persoa que vai nunha viaxe organizada con outras vinte persoas que non coñece e que ningunha é galega. Ela dáse conta de que entende todo o que ve e o que vive desde a súa propia identidade. Unha persoa de Madrid e unha persoa de Galicia non ven o mesmo cando ven un mercado de cordeiros, si a túa nai foi gandeira, como é meu caso, ou a persoa de Madrid non ten referencias relativas a nada da natureza ou do gañado, a percepción é diferente, e se dan pé a equivocos, mal entendidos e incluso encontronazos onde a persoa que narra tampouco queda moi ben. Quero dicir que é un libro que tamén critica á propia narradora, hai unha autocrítica implícita. Nace como un libro fácil porque tiña a intención de narrar unha viaxe porque a min encántame ese tipo de literatura pero converteuse noutra cousa moi diferente, nada fácil. De feito aos tres meses cando non era capaz de seguir... parei.

¿Y qué le hizo retomar la escritura tras ese giro que casi descarrila el proyecto inicial?

Cando o Concello de Santiago sacou no 2022 o Premio Exeria, que gañei, e me fun un mes a Xerusalén, alí, por fin, reconcilieime co libro e fun capaz de escribilo.

Vive esa estancia en una residencia creativa tras ganar el Premio Exeria, convocado por el Concello de Santiago en colaboración con la Residencia Literaria 1863 y el Consulado General de España en Jerusalén, pero... ¿tiene un componente autobiográfico Xa vemos palmeiras?

A verdade é que a viaxe do libro é unha viaxe que existiu. O libro son eu. Quero dicir, a historia está vivida en primeira persoa pero está tamén adaptada...

Sin ese viaje a modo de beca literaria, ¿existiría este libro?

Non, dígolle claramente que non. É unha situación moi rara porque Xa vemos palmeiras é un libro sobre Marrocos escrito en parte en en Xerusalén o cal é unha situación contraditoria... Alá na residencia, me desconectei da vida para concentrarme solo no libro. En agosto en Xerusalén fai máis de 40 graos e o que facía era, antes das dez da mañá, facía algunha actividade cultural e cando entraba máis a calor ía a tres cafeterías de referencia con aire acondicionado que ía alternando e escribía pola mañá alí cun ordenador portátil máis o caderno de notas, e levaba tamén un montón de libros sobre viaxes porque é un libro onde fago moitas referencias literarias...

El título es aplaudido en redes por escritoras y, sin embargo amigas suyas, como María Solar...

(Rindo) O libro empezou chamándose Shukran, que significa grazas en árabe. E confeso que lle pedín á editorial que me cambiaran o título porque case ninguén sabe o que é Shukran e non funciona como título, e entón, como unhas das etapas titúlase Xa vemos palmeiras... e ese é o título final e estou moi contenta e tamén coa portada.

Al margen de relecturas y ajustes finales , ¿el libro queda terminado durante esa estancia en Jerusalén?

Alí rematei o plan de traballo que levaba pero faltábame revisar e facer o epílogo. Que ocorre? Ocorre que nese mes alí tiven como unha epifanía... Tes tempo para o relax e pensar e entón, o obxectivo da narradora e vivir a experiencia do deserto por primeira vez na vida, e o libro ten un tipo de narración ata a chegada o deserto e outra totalmente diferente na viaxe de volta, porque viaxas dunha maneira cando chegas e doutra maneira moi diferente cando volves. Xa en Santiago, foi como moi doado rematar o libro.