Curtocircuíto pecha a súa vixésima edición: ‘Nazarbazi’, premio Cosmos ao mellor filme

Curtocircuíto pecha a súa vixésima edición: ‘Nazarbazi’, premio Cosmos ao mellor filme / Antonio Hernández
A vixésima edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto chegou onte ao seu final coa entrega de premios no Teatro Principal. O filme Nazarbazi, de Maryam Tafakory recibiu o galardón Cosmos á mellor película, nun acto de clausura no que participaron a alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a xerente de Incolsa, Flavia Ramil; e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo.
Sanmartín aproveitou a entrega de premios para parabenizar a todas as propostas gañadoras e para transmitirlle a todo o equipo artístico e técnico do Festival o seu esforzo por “manter unha plataforma que leva reunindo en Compostela artistas e creadoras relevantes do mundo audiovisual contemporáneo durante dúas décadas, e sobre todo por facer desta 20ª edición unha cita única que quedará para o recordo”.
O director artístico de Curtocircuíto, pola súa banda, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa implicación co festival. “Curtocircuíto converteuse de novo nun espazo de encontro entre artistas e público, fomentando a interactividade e abrindo novas conversacións moi necesarias para o crecemento e evolución artística, así como para reconsiderar o modelo de festival e de cidade. Grazas por tanto”, sinalou Del Álamo.
O premio Cosmos á mellor película foi para Nazarbazi de Maryam Tafakory e a mención Especial para March of time de Pedro Maia. O premio á película máis innovadora reacaeu en An Asian Ghost Story de Bo Wang, con mención Especial para Nearest Neighbor de Rebecca Baron e Douglas Goodwin. O premio Cosmos á mellor película española fou para Mamántula de Ion de Sosa. La niña mártir de María Pérez Sanz recibiu a mención especial.
O Premio Galiza foi para Non te vexo de Xacio Baño. Noitevella 1999 de Uxía Gayoso recibiu o Supernova. Neste galardón a mención especial recaeu en Elisa de Paula González García.
O premio Xurado Novo recaeu en An Asian Ghost Story de Bo Wang (mención especial: Neighbour Abdi de Douwe Dijkstra). O premio CREA á mellor Dirección Galega foi para Non te vexo de Xacio Baño. Doddies de Elena Vázquez, Irene Tobío e Beatriz Real gañou o #OutraCompostela. O público premiou a Aunque es de noche de Guillermo García López.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Llegamos a tener más de 2.000 pares de zapatos»
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- El juez Taín asegura que Alfonso Basterra ha solicitado el tercer grado y negocia su participación en una serie sobre el caso Asunta
- Un hotel en la antigua muralla de Santiago: la apuesta de un empresario gallego con negocios en Brasil
- La mediación para el convenio del transporte de viajeros se cierra sin acuerdo
- Santiago suspende por un año la conversión de edificios enteros en apartamentos turísticos entre las críticas de la oposición
